Día un (xoves 21/5/2015) - Hoxe todos espuxemos as nosas ideas que anteriormente pensáramos persoalmente cada un nas nosas casa. Pasamos aproximadamente toda a hora dialogando a ver cal era a axeitada e tentado imaxinar cada unha das historias.
Día dous (venres 22/5/2015) - Logo de, polo noso grupo de WA, elexir unha das historias, a clase do luns 25 adicámola a empezar a derenrolar entre todos a historia. O corto elexido foi a idea de Erik, un corto dende o punto de vista cun mechero.
Día tres (luns 25/5/2015) - O luns 25 Valeria chegou á clase ca idea de quea nosa historia fora inspirada nun mechero no que pon ''Bad day'', de aí o título do noso cortometraxe, Dado o nome que pon no mechero, Valeria propúxonos que o mechero fora pasando de man en man e que a todos os que o foran pasando lle pasase algo malo.
Este día quedamos a tarde todos os membros do grupo para seguir desenrolando a historia e chegamos ao acordo de que non só iba ser un mechero, si non tamén que a historia fora dende o punto de vista dun billete (estes dous iría xuntos durante todo o cortometraxe e non tentar confudir ao espectar a non saber cal é). Este día tamén acordamos que o corto sería gravado cunha cámara GoPro.
Día catro (martes 26/5/2015) - O martes 26 tamén quedamos pola tarde xa que Paula tiña unha nova idea. A súa idea era de que a todas as persoas que tiveran o mechero lle pasase algo malo, pero esta idea foi moi discutida e Mario propuxo que en vez de que fora o causante dos males, que o mechero e o billete o único que viran foran os aspectos malos da sociedade (o que ocorre e que moita xente non se da conta).
Día cinco (xoves 28/5/201 5) - A clase do xoves utilizámola para facer un guión escrito donde plasmáramos, dunha vez, claramente as nosas ideas e Ana deu a idea de que ao final do cortometraxe aparecera un desenlace tráxico de todos os persoaxes gravado cun 50mm.
Día seis (venres 29/5/2015) - O venres 29 comezamos a faces o storyboard, o cal a verdade e que nos axudou á hora de poñernos todos de acordo cos planos que realizamos posteriormente á hora de gravación.
Día sete (domingo 31/5/2015) - O domingo dicidimos quedar pola tarde para pasar todo a ordenador e dicidir que escenas íamos facer durante toda a semana de gravación. Ana ese día planificou a roupa que levaríamos todos os actores, Erik e Paula fixeron unha listaxe difinitiva de onde se ían gravar todos as escenas, Andrea e Mario fixeron unha listaxe de todos os materíales que íamos necesitar e Valeria rematou de facer o storyboard.
Día oito (luns 1/6/2015) - Pola mañá na aula aclaramos difinitivamente o que íamos gravar ese día. Para adiantar traballo, pedíamoslle a hora ao noso profesor e gravamos unha das escenas (na que Erik pasa droga e recibe a cámara (billete).
Pola tarde quedamos pa grabar outra das escenas: A escena de Erik e Paula nunha habitación facendo un porro e metendose raias, Tamén gravamos a escena final de Paula co 50 mm.
Día nove (martes 2/6/2015) - Na clase volvemos a planificar as escenas que gravaríamos á tarde. Ese día quedamos a comer todos en Boiro pa revisar as escenas do día anterior por se había que repetir algo xa que na GoPro non se pode mirar o que se grava.
Pola tarde dicidimos gravar a escena na que Paula chega á casa de Ana chorando e se vai e máis tarde chega Mario e lle pega. Ese mesmo día tamén grabamos unha das escenas finais: Erik.
Día dez (mércores 3/6/2015): Este día xa que é o único da semana que non temos clase de CAU pola mañá, á tarde tivemos que empezar por planificar as escenas que íamos realizar (tíñamos todo o material necesario para realizar calquera). Como quedamos con un tempo reducido, decidimos facer a toma final de Ana e Andre, e tamén volver a realizar un cacho da escena de Erik e Paula na que non conseguíramos o resultado que queríamos.
Día once (xoves 4/6/2015) - Como sempre, a clase de cultura utilizámola para chegar a un acordo sobre as escenas que grabar, Ese día, como queríamos gravar bastantes escenas, dicidimos quedar todos a comer e ao rematar, poñernos mans á obra.
Cando rematamos de comer, comezamos a grabar as escenas de Valeria, Andrea e Mario no bar. Logo subimos pa un piso que había ao lado do mesmo bar e gravamos a escena da cama. O xoves tamén gravamos as escenas finais de Valeria e Mario.
Esa noite Valeria comezou a montar un cachiño do corto.
Día doce (venres 5/6/2015) - O venres á mañá ensinámoslle a Pascual o cacho do corto que xa tíñamos montado. Esa tarde Valeria seguiu montando o video.
Día trece (domingo 8/6/2015) - Valeria informounos o día anterios que houbera un problema de iluminación na escena do piso de Valeria, Mario e Andrea, e ese día a tarde tivemos que volver a quedar todos para volver a gravala.
Día catorce (luns 9/6/2015) - Á mañá Valeria rematou nos recreos de exportar o vídeo e por desgracia, como non tivéramos formas de ver a nova escena gravada o día anterior, non o conseguíramos a iluminación que pretendíamos, pero a nosa compañeira encargada do montaxe fixo un apaño e a verdade e que quedamos bastante satisfeitos co resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario